A anatomía afectivo-sexual do corpo miúdo.
OBXECTIVO XERAL: Rastrexar a desigualdade de xénero a través do corpo miúdo e da súa emocionalidade.
TIPOLOXÍA DE ACTIVIDADES E PROGRAMAS á que responde este proxecto, contempladas nas medidas do pacto de estado contra a violencia de xénero do eixe 1:
(a) Escolas de pais e nais e/ou formación para as familias en temas de igualdade, de educación afectivo-sexual (aspectos fisiolóxicos e afectivo-emocionais) e sobre violencia de xénero.
(c) Realización de accións de formación, sensibilización e difusión, contra a
cousificación do corpo das mulleres e contra a hipersexualización das nenas.
METODOLOXÍA:
- A docencia será interactiva, basada na experimentación e aprendizaxe significativa.
- Combinarase presencial/online.
- Todo o material creado será en galego, interseccional e con perspectiva de xénero.
- Estará basado no uso da expresión artística, as novas tecnoloxías, a antropoloxía e os libros como fonte básica de coñecemento.
- O proxecto contará cun espazo de difusión web.