Hadriana Ordóñez

Directora e docente en #de_meu

Psicóloga Sanitaria, Sexóloga e Terapeuta EMDR (Colexiada nº G-4266)

Son Hadriana Ordóñez Otero. Veciña de Rianxo de fai 34 anos.

Con preto de 10 anos como profesional da Psicoloxía clínica pola USC (colx. 4266-G) coa especialidade en Educación sexual, Terapia sexual (na Fundación Sexpol en Madrid), Discapacidade (na Confederación Estatal de Personas con Discapacidad de Madrid e na Asociación de Mulleres con discapacidade de Galicia), Violencia contra as mulleres e o Apoderamento (na atención terapéutica individualizada a centos de mulleres).

Activista feminista. Supervivinte e resilente. Nai. E muller dunha muller.

Todos estes anos de experiencia laboral son froito e consecuencia dunha nena e adolescente cunha historia de vida selada pola violencia sexual e psicolóxica. Membra dunha familia materna de mulleres fortes, valentes e protectoras daquilo que máis aman.

Creadora de proxectos de carácter social, sanitario e educativo únicos, creativos e innovadores a nivel galego e español, recoñecidos polas Administracións Locais, Provinciais e Autonómicas.

Son vida, enerxía, emoción e conexión para a revolta da vosa comunidade educativa. Son luz.

As nosas alianzas

Este é o equipo de profesionais e entidades que alimentan a calidade docente e técnica da Escola. Coñéceo.

Equipo docente

Traballamos con e para:

Institucións Públicas e Organismos, Colexios de Educación Infantil e Primaria, Institutos de Educación Secundaria, Centros de Formación, Asociacións e Federacións.

Organismos e institucións

Concellos

Universidades

Colexios Oficiais

Centros de Educación Infantil e Primaria

Institutos de Educación Secundaria

Escolas e Centros de Formación

Asociacións e Federacións

Que din de nós?

Hai dúbidas no tinteiro? Encantaríanos falar.

Contacto