A Escola Galega de Educación Sexual Feminista
para quen máis pía por ela: familias e profesionais.
Este é un espazo docente e terapéutico, de apropiación do poder sexual que é só de cadaquén.
‘Paghará a aleghría’ cuestionar a túa vida sexual cunha mirada feminista e amorosa?
Eu ‘díghoche’ que si.
Practiquemos o atrevemento.
Hadriana Ordóñez Otero
Fundadora de #de_meu
Para que existe esta Escola?
Para acompañarvos a resolver problemas reais mediante o coñecemento científico e a metodoloxía con calore: próxima, amorosa e vital.
10
anos experiencia
2.400
estudantes formados
300
familias formadas
Cal é o noso obxectivo?
Permitirnos relacións de amor vibrante.
Tomaremos consciencia da pegada patriarcal no noso corpo, pensamento e relacións connosco e demais universo.
O resultado será ‘desaprender’ a dor automática que practicamos, para ‘descubrir’ o pracer que necesitamos.
“Amor, responsabilidade e establecemento de límites”.
Como ensinamos?
ONLINE
Con innovación, calidade e creatividade.
- Este modelo pedagóxico tén como protagonista a aprendizaxe vivenciada.
- É feminista e é en galego.
- Creamos materiais atractivos e creativos que beben da ciencia, a literatura, o cine, as historias de vida, o xogo ou a fotografía.
- As docencias son aventuras para experimentar.
PRESENCIAL
A nosa prefirida.
- De sempre fixemos docencias en vivo, ao voso carón.
- Coas medidas covid, seguimos dándovos a posibilidade de disfrutalas.
- Toda a formación online pode ser presencial. Só tés que pedírnola e organizámola.
O formato online
A pandemia trouxo a oportunidade de estar sempre cerca.
- 100% online nunha plataforma
- Clases en directo por ZOOM
- Contidos sempre dispoñibles
- Materiais audiovisuais complementarios
- Titorías individualizadas ao remate de cada clase
Para quen é #de_meu?
-
Formación
A Escola #de_meu está pensada como lugar de enriquecemento persoal para familias e profesionais da educación.
-
Formación Subvencionada
Desde o ano 2019, levamos adiante proxectos de Educación Sexual Feminista só con recursos públicos.
É de balde para:
- Profesorado
- AFAS/AMPAS
- Rapazada de centros educativos
Novas convocatorias